SONS Miúdos

Musician/Band

O espectáculo máis grande da música infantil galega


upos infantís galegos, polo que todos eles contan cunha importantísima traxectoria profesional:
- Sergio Tannus (guitarra, cabaquiño, viola)
- Pablo Vidal (contrabaixo)
- Carlos Freire (batería)
- Javier Constenla (piano)
Ademais, participarán deste espectáculo os cantantes de música infantil máis recoñecidos [email protected]
[email protected]
- Uxía (María Fumaça)
- Magín Blanco (A nena e o grilo)
- Pablo Díaz (Tic-Tac)
- Xoán Curiel (Estamos no verán)
- Paco Nogueiras (Brinca-vai)
- Gloria ( Mamá Cabra)
En total, doce persoas enriba do escenario facendo as delicias das nenas e nenos .
A música galega está pasando por un excelente momento, pois conta na actuali- dade con
grandes e variadas propostas entre as cales destacan as destinadas ao público máis
pequeno. Tanto é así que se pode dicir que Galicia e o galego están á cabeza do Estado
en canto á creación de música infantil grazas a grupos como Mamá Cabra, A nena e o
grilo, María Fumaça ou cantantes como Pablo Díaz, Paco Nogueiras, Xoán Curiel ou
Sergio Tannus, creadores de propostas de altísima calidade que, ademais de ser didácticos
e de facer un labor de normalización lingüística, tamén están logrando introducir ás nenas
e nenos de Galicia no gusto pola música de diversos xéneros.
Tendo en conta todo isto, “Sons miúdos” quere facer evidente a gran riqueza do panorama
musical galego infantil a través dun espectáculo que consegue reunir enriba dun mesmo
escenario aos máis importantes músicos e cantantes destes grupos galegos. Conducido
pola actriz Montse Piñón e o actor Pepablo Patiño irase fiando unha narración de xeito
teatral que percorrerá a historia da música galega infantil dos últimos 15 anos a medida
que se vai tocando unha lista de cancións escollida entre o repertorio dos e das cantantes
colaboradores e tocada e cantada polos seus protagonistas.
Así pois, o espectáculo estará composto por unha banda base formada por un cuarteto
musical que reúne aos mellores músicos dos grupos infantís, todos eles cunha importante
traxectoria profesional. A isto hai que engadirlle a colaboración de seis cantantes dos máis
afamados grupos así como a dos dous actores antes mencionados. En total, doce grandes
artistas da cultura musical infantil, coñecidos por todo o público miúdo, nunha escenografía
creada para a ocasión que vestirá de gala esta festa da música.
Este espectáculo está producido pola cooperativa Urdime, especializada en propostas culturais
para o público infantil, e patrocinado pola Cadena Ser, quen se asegurará de dar a
maior difusión a este evento mediante os seus canles de comunica- ción.
Sen dúbida, estamos ante o espectáculo de maior relevancia artística que se teña constatado
en Galicia ata agora. Un espectáculo de gran formato deseñado para percorrer os
principais teatros e auditorios de Galicia congregando os miles de fans da música miúda
galega

Loading...